O encontro mantívose igualado durante os primeiros 10 minutos. Unha vez superados os pequenos desaxustes; o Calvo Xiria mostrábase solvente nas accións defensivas, e os contraataques sucedíanse de forma continua para ir incrementando a vantaxe. No ataque posicional, Gabriel Castiñeiras e abrigo Mario Cancela era capaces de xerar superioridade e levar ao equipo cunha vantaxe ao descanso de 7 goles a favor. Na segunda metade, o equipo local, subiu a intensidade defensiva, recortou distancias ata os 5 goles; pero o Calvo Xiria moi activo e concentrado, facía un gran parcial nos últimos 15 minutos que poñía a máxima vantaxe do partido (25 a 36). Victoria e dous puntos para a marcadora do Calvo Xiria que segue crecendo na competición a medida que van pasando os partidos.
Juventud Las Palmas 25 – Calvo Xiria 36
Juventud Las Palmas (13+12): Jose Grigore Duca, Jorge Hernández (3), Josimar Martín (1), Kevin Javier Armas (2), Emilio Roque, Kevin Morales (5), Rubén De León (2), Alejandro Ortega, Robin Navarro (4), Joel Navarro, Juan Jesús Umpierrez, Rubén Rodríguez (3), Alejandro Padrón, Jose Nairobi (5), Carmelo Cabrera, Alby Manuel Rosales.
Calvo Xiria (20+16): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez, Gabriel Castiñeiras (7), David García, Pablo Veiga (3), Samuel Veiga, Diego Antelo (2), Orlando Salupassa (2), Jorge Bouzas (3), Mario Garcia de Searez (3), Carlos Varela (2), Diego Gago, Mario Cancela (12), Senén Garea (1).
Árbitros: Jorge Batanero e Marcos Domínguez.
Marcador cada 5 minutos: 2-2, 5-6, 6-9, 9-12, 9-16, 13-20, (descanso), 14-20, 17-22, 20-26, 23-29, 23-33, 25-36 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 8ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Félix Santana (Las Palmas de Gran Canaria).


