O Calvo Xiria recibe ao Carnes Doribeiro na volta do público ao Vila de Noia

1ª Nacional masculina

Unha xornada especial e motivadora para o Calvo Xiria; xa que leva máis de 15 días sen xogar na súa pista; vén dunha derrota e a presenza do público nas bancadas do Vila de Noia; será vital para uns xogadores que necesitan a calor da súa afección.

O Carnes Do Ribeiro-Ourense Provincia Termal; mestura experiencia e mocidade nun persoal; que pelexa nestes momentos por quedar entre os catro primeiros. Os de Ourense actúan como filial do Lalín e a presenza destes xogadores outorga rotación a un persoal compensado e de calidade.

A defensa do Calvo Xiria, deberá pechar espazos dentro dos 9 metros e non deixar xogar en zonas de perigo aos visitantes. Un bo balance defensivo ante a primeira onda dos seus extremos e no contraataque peza importante deste choque, conseguir eficacia. Xa no ataque posicional o dar sempre un pase máis, diante da férrea defensa dos visitantes, levará a conseguir mellores opcións de lanzamento.

No capítulo de baixas; Ramón; non recibiu boas noticias da súa resonancia; 2 herniás mantéñenlle afastado das pistas; mentres Gabriel recupérase favorablemente e parece que a partir da semana que vén poderá realizar algunha sesión individual.

Por tanto, o plantel está preparado e concentrado, pensando na maneira de conseguir a vitoria do sábado.