O Calvo Xiria reencóntrase coa vitoria en Bueu.

Dous puntos valiosos contra un equipo ben estruturado; iso foi o que conseguiu o Calvo Xiria na pista do Bueu. Xogou mellor que o seu rival e recompúxose do mal inicio da segunda metade, mellorando en ataque posicional.

O inicio do partido, foi para o Calvo Xiria que dominou a través da defensa. Chegando a 1 a 5, Ramón Curra pediu tempo morto; o Bueu melloraría en ataque; pero os rápidos contraataques do Xiria dábanlle a máxima vantaxe, 10 a 18; aínda que o Bueu Atlético recortou diferenzas antes de chegar ao descanso, grazas ao seu xogo sen balón (15 a 20).

Na continuación, parciais iguais ata que coas desigualades numéricas, Bueu xogou os seus mellores minutos, o Xiria viuse afectado no seu xogo, e a difencia ía a menos no marcador. Dúas perdas de balón levaron o empate a 24.

Pero recompúxose o Xiria, mellorando a efectividade do pase, dando máis continuidade ao balón, e dominando os tempos finais, non só devolveu o resultado favorable; senón que rompeu o partido, para ter un final de encontro tranquilo.

Bueu Atlético Balonman 31 – Calvo Xiria 36

Buee Atlético Balonman (15+16): Eduardo Alonso (p), Sergio Piñeiro (p), Igor Koustov (p), Mauro Bacelar (4), David Iglesias, Roque Arias (1), Carlos Veloso (3), Carlos Martínez (1), Brais López (5), José López (12), Andrés Pacelar (5), Abel Diz, Carlos Meira, Samuel Couso, Eloy Malvido.

Calvo Xiria (20+16): Antonio Mato (p), Iago Gómez (p), Fari (2), Gabriel Castiñeiras, Fran Rey (1), Dani Mallo (1), Chimpo Rodríguez (3), Diego Vega (5), Juanka Rodríguez (4), Manu Méndez (4), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (4), David García (6) Adrián Losón (5), Edu Cousillas (1).

Marcador cada 5 minutos: 1-2, 1-6, 5-11, 9-15, 11-18, 15-20, (descanso); 17-22, 20-23, 24-26, 25-28, 29-32, 31-36.

Árbitros: Marcos Pérez e Pablo Torreiro, do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á oitava xornada do Grupo A de a Primeira Estatal, disputado no pavillón Pablo Herbello de Bueu.