O Calvo Xiria regresa con forza ante o Automania Luceros

 

O Calvo Xiria que estivo por diante no marcador durante todo o partido; tivo que sufrir despois de que Luceros conseguise empatar a falta de 10 minutos aproveitando a dobre superioridade numérica. Pero o equipo recompúxose e cunha gran defensa conseguía un parcial de 7 a 3 que lle daba a primeira vitoria do ano.

Empezaba o encontro de maneira igualada; os erros individuais non permitían ao sistema defensivo brillar como sempre e Luceros atopaba demasiados espazos. A eficacia foi mellor do Calvo Xiria, e co paso dos minutos o equipo foi a máis en defensa o que permitiu chegar ao descanso con 16 a 12.

Empuxaba o Calvo Xiria tras o paso por vestiarios e conseguía a máxima vantaxe de seis goles; pero os de Cangas de Morrazo recortaban diferenzas ata conseguir empatar despois de que o Xiria sufrise 2 vermellas de forma consecutiva. Tiña que recompoñer o equipo Adrián Dubra; pero coa mesma idea de xogo, polo que debutaba o xuvenil Julián García nun momento crucial do encontro para formar no central defensivo á beira de Carlos Guisasola. O Xiria foi mellor na recta final do encontro e sentenciaba para xogar cómodos os últimos instantes.

Dous puntos importantes despois de case un mes sen competir e onde o equipo vai collendo a forma.

Calvo Xiria 33Automanía Luceros 29

Calvo Xiria (16+17): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Carlos Guisasola (1), Martín Fuentes, Fran Rey (1), Carlos Varela, Chimpo Rodríguez, Diego Vega (3), Diego Antelo (7), Manuel Méndez (4), Jorge Bouzas (4), Julián García (1), Mario Cancela (2), David García (6),Edu Cousillas (4).

Automanía Luceros (12+17): Javier Fernández, Manuel Barreiro, Alejandro Martínez, Adrián Bernárdez (3), Daniel Mallo (2), Xoel Martínez (8), Álex Rey (1), Pablo Cruz, José Camiña (2), Iván Pérez (3), Adrián Pérez (2), Rubén Augusto (1), Iago Iglesias (3), Alberto Alonso (3), Eric Bermúdez (1).

Marcador cada 5 minutos: 3-2, 5-4, 8-6, 11-8, 12-10, 16-12, (descanso); 18-14, 21-19, 23-22, 25-23, 28-25, 32-28.

Árbitros: Gabriel Folgoso e Jordan Suárez.

Incidencias: Partido correspondente a 14ª jornada del Grupo A da

Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).