O Calvo Xiria sae de postos de descenso gañando ao Lirón SD Teucro

O Calvo Xiria logrou este sábado unha importante vitoria ante o Lirón SD Teucro, nun gran partido no que os carballeses, moi minguados polas baixas, contaron co incondicional apoio da súa afección para sumar dous puntos, vitais na loita pola permanencia.

A vitoria, axuda ao Calvo Xiria a saír dos postos de descenso, que ocupa o Lavadores, rival ao que visitarán a próxima xornada, noutro encontro de moita emoción.

No inicio do choque, viuse ao Vila de Noia, enchufado e en sintonía co equipo, a propósito da importancia que tiñan os dous puntos para o Calvo Xiria. Outro dos alicientes, era o regreso de Brais Puñal ás pistas, xogador recoñecido e querido pola afección carballesa.

O Calvo Xiria tardou uns minutos en axustar o seu plan de partido e o Teucro adquiriu unha vantaxe mínima. Desde o minuto 10 en diante, cobrou protagonismo a defensa, e o equipo colleu confianza, para marcharse ao descanso cunha renda de 4 goles (18 a 14).

Pero na segunda metade, o SD Teucro, insistía no seu xogo co pivote, e recortaba diferenzas. Caue era protagonista na táboa de goleadores no ataque visitante; mentres Chimpo facía o mesmo polos locais. O Calvo Xiria conseguía manterse por diante no marcador, e soubo impoñer o ataque posicional aos continuos cambios defensivos dos de Pontevedra. Factor crave para facerse cos dous puntos; moi celebrados por afección e xogadores.

Calvo Xiria 35 – Lirón S.D. Teucro 34

Calvo Xiria (18+17): Darío Calviño (p), Antonio Mato (p), Aarón Rodríguez (4), Brais Puñal (2), Pablo Veiga, Julián García (2), Chimpo Rodríguez (11), Diego Vega (5), Manu Méndez (3), Álex Gómez (1), Carlos Varela, Mario Cancela (5), Alberto Rodríguez, Martín Fuentes (3).

Lirón S.D. Teucro (14+20): Miguel Jimenez (1), Pablo Escudero, Marko Dzokic (7), Xurxo Rivas, Miguel Monteagudo, Brais Cerviño (1), Martín Fernández, Martín González (1), Caue Herrera (10), Sergio Blond (2), Rhuan Marchette (5), David Pintos, Sergio Cortizo (4).

Árbitros: Gabriel Folgoso e Jordan Suárez.

Marcador cada 5 minutos: 3-5, 7-7, 10-8, 14-10, 14-12, 18-14, (descanso), 20-17, 23-21, 25-23, 28-26, 31-29, 35-34, (final).

Incidencias: Partido correspondente a 24ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).