O Calvo Xiria, viuse superado en todo momento por un conxunto Oarista que foi mellor e baseou o resultado nunha sólida defensa que lle permitiu manexar o ritmo de xogo.
A pasividade coa que saíu o Calvo Xiria ao 40×20, pagouna en demasía con dúas exclusións nos primeiros 10 minutos, cunha defensa individualizada, sen axudas; un ataque posicional afastado ao que habitualmente nos ten acostumados, e a mala selección de lanzamento; minguaron desde o inicio ao equipo que xa perdía por 5 goles mediada a primeira parte. O peor non era o resultado senón que non se vía ningún indicio de reacción. Chegábase ao descanso con 15 a 8; á espera do que puidese mostrar o segundo tempo.
Tras o paso por vestiarios, o Calvo Xiria propuxo unha defensa 5:1, para ver se lograba activarse e recortar diferenzas. Pero a solidez que estaba a mostrar o Oar en defensa impedía calquera achegamento; manexaba o partido ao seu antollo, e un Calvo Xiria frustrado viu como aos poucos a diferenza foi crecendo ata os 10 goles. Dura derrota para finalizar a primeira volta, da que deberá levantarse un equipo que a semana que vén ten un difícil compromiso, outra vez fóra de casa, o domingo ás 12:30 contra Saeplast Bm Cañiza.
Oar Coruña 30 – Calvo Xiria 20
Oar Coruña (15+15): Cibrán Rojo, Víctor Couceiro (4), Pablo Martínez (1), Juan Pereira, Martín Alfeirán (3), Joel Rabade (2), Kevin Dacosta, Juan Carlos Rodríguez (3), Miguel Ángel Simón (6), Diego Martínez (1), Alexandre Tello (6), Alejandro Naya, Pedro Pereira (1), Julián López, Franscesco Aragona (3).
Calvo Xiria (8+12): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Julían García, Gabriel Castiñeiras, Francisco Rey, Hugo Rodríguez (6), Carlos Guisasola (1), Diego Vega (1), Diego Antelo, Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (1), Carlos Varela, Mario Cancela (1), David García (11), Eduardo Cousillas (4).
Parciales cada 5 minutos: 3-1, 6-2, 8-3, 10-4, 13-6, 15-8, (descanso) 17-10, 19-11, 23-12, 24-13, 27-15, 30-20.
Árbitros: Cristian Da Silva e Tomás Luís García.
Incidencias: Partido correspondente a 15ª jornada do Grupo A da Primeira Estatal, disputado no pavillón San Francisco Javier (A Coruña).