O Calvo Xiria segue crecendo e vai a máis no seu xogo

Un partido que foi de menos a máis, progresou o Calvo Xiria ata facerse coa vitoria nunha gran segunda metade.
A igualdade foi a tónica dominante no inicio do partido; os visitantes con ataques excesivamente longos, obrigaban aos do Xiria a defender durante moitos minutos, polo que cada balón de ataque habería que aseguralo ao máximo e ir aos poucos impoñendo o seu xogo. Foi unha primeira metade con pouco ritmo, e onde o Xiria tiña que lidar coa lesión de Jorge Bouzas para o resto do partido. O seu lugar ocupouno, Daniel Mallo que debutaba de maneira brillante no avanzado do 5:1 carballés. Ao descanso chegábase cun axustado 14 a 12.

Na continuación, a defensa do Calvo Xiria máis axustada impoñía un ritmo ao partido que os do Luceros, a pesar dos seus intentos non conseguiron seguir. A velocidade no xogo de ataque fixo o resto e puidéronse ver vantaxes de ata 8 goles. O equipo puido gozar dunha vitoria ben traballada e todos o xogadores foron participes dela.

Calvo Xiria 32Automania Luceros 25

Calvo Xiria (14+18): Antonio [p], Juan Carlos Rodríguez (7), Cristian Canosa (1), Manu Méndez (4), Jorge Bouzas (2), Edu Cousillas (1), Julián (1) -equipo inicial-, Iago [p], Adrián Losón (2), Brais Puñal (2), Fran Rey, Chimpo Rodríguez (8), Franco Rial, Alejandro Gómez (2), Daniel Mallo (2).

Automania Luceros (12+13): Eloy Villanueva (1), Andre Fandiño, Pedro Cerqueira (2), Abel Lovera, Pedro Parcero, Iker Piñeiro (1), Erik Dasilva, Javier Fernández, Jose Camiña (4), Ángel Rodríguez (10), Miguel Pousa (6), Eric Bermúdez, David Fonseca (1).

Maracdor cada 5 minutos: 2-1, 3-3, 5-6, 8-7, 11-10, 14-12, (descanso); 19-15, 22-16, 25-17, 26-21, 29-24, 32-25 (final).

Árbitros: Abel Juncal e Ángel Mateos do colexio galego

Incidencias: Partido correspondente á décima xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no Pavillón Vila de Noia de Carballo ante uns 400 afeccionados.