O Calvo Xiria segue sumando; está vez á conta do Granitos Ibéricos Carballal

O Calvo Xiria segue sumando; está vez á conta do Granitos Ibéricos Carballal

O enfrontamento entre Calvo Xiria e Granitos Ibéricos Carballal, correspondente á xornada 14 do Campionato Estatal de Primeira División Masculina, presentábase como un duelo crucial para ambos equipos na súa loita por perseguir a zona nobre da táboa.

Desde o inicio, o partido mostrou unha dinámica ofensiva notable. Julian Garcia abriu o marcador para Calvo Xiria aos 30 segundos cun gol en penetración. Con todo, Granitos Ibericos Carballal respondeu rapidamente con Diego Rodriguez como protagonista. Nos 10 primeiros minutos, ambos equipos intercambiaron goles nunha sucesión vertixinosa; os ataques impoñíanse neste inicio onde o Calvo Xiria conseguía unha pequena vantaxe de dous goles.

A medida que avanzaba a primeira parte, o Calvo Xiria lograba aumentar a diferenza grazas aos axustes defensivos e á súa capacidade para finalizar lanzamentos desde diferentes posicións, achegando con goles un gran número de xogadores. Ao descanso lograba chegar cunha vantaxe de 7 goles, cun gol final de Gabriel Castiñeiras dende 9 metros (19-12).

A segunda metade comezou con gran intensidade; o Calvo Xiria lograba estar en superioridade numérica onde Julian Garcia continuou sendo fundamental anotando novamente desde o inicio. A pesar disto, Carballal non se deu por vencido e buscou reducir distancias cunha variación defensiva no seu sistema 6:0, que dificultou a circulación de balón do Calvo Xiria.

Aproveitando cada oportunidade que tivo; Iago García destacou con varios goles consecutivos que mantiveron vivas as esperanzas visitantes. A distancia chegou a reducirse ata os 4 goles; pero o Calvo Xiria sentenciou cun dos seus puntos fortes esta tempada, defender e contraatacar; adquirindo a máxima vantaxe do partido con 8 goles. O resultado final foi: 31-23 favorable a Calvo Xiria, que o celebrou cunha afección incasable o longo do encontro. A diferenza reflectiu non só o dominio en termos de goles senón tamén a capacidade do equipo local para xestionar os momentos críticos do xogo. O control emocional e estratéxico durante todo o encontro permitiulles consolidar a súa posición na zona alta da táboa.

Calvo Xiria 31 – Granitos Ibéricos Carballal 23


Calvo Xiria (19+12): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Gabriel Castiñeiras (2), David García (4), Pablo Veiga, Julián García (7), Chimpo Rodríguez (4), Samuel Veiga (3), Julián López (2), Daniel Periscal (2), Jorge Bouzas (2), Mario García (1), Marcos Súarez, Carlos Varela (1), Senen Garea (3).

Granitos Ibéricos Carballal (12+11): Gonzalo Arenas (p), Diego Otero (p), Diego Rodríguez (5), Iago García (5), Fernando Martínez, Pablo Vilaboa (2), Xoel Martínez (1), Daniel López (2), Samuel Barciela, Jorge Navarro (1), Rodrigo Mouco (2), Guillermo Rial (5), Jonathan Patiño.


Árbitros: Francisco Fernández e Daniel Álvarez.


Marcador cada 5 minutos: 4-4, 8-6, 10-7, 11-9, 15-11, 19-12, (descanso), 22-15, 24-18, 24-19, 25-20, 27-21, 31-23 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 14ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).