O Calvo Xiria sentencia ao Reconquista Grupo Forbe na segunda metade

O comezo da segunda volta depararía un encontro entretido e intenso entre o Calvo Xiria e o Reconquista. Os de Vigo xogaron do teu ao teu ao líder e aguantaron ata que na segunda metade, o Xiria impuxo o ritmo desde a parcela defensiva e a superioridade física, unida á efectividade en ataque faría o resto, para facerse coa vitoria.

Un inicio de partido marcado pola intensidade do encontro; os visitantes non se escondían e trataban de igualar o ritmo alto dos de Carballo. Tal foi así que as defensas sufrían, diante dunha clara falta de contacto e iso permitía chegar a zonas claras aos goleadores de ambos os conxuntos.

A igualadad no marcador era a nota dominante, aínda que case sempre Reconquista ía un gol por diante. Non foi ata o minuto 21 que o Xiria conseguiría darlle a volta ao marcador.

Ao descanso 17 a 17. Cabe destacar que de non ser pola actuación de ambos os porteiros, chegariamos ao descanso cuns algarismos aínda máis altos.

Tras o paso por vestiarios, o Calvo Xiria cambiara a actitude; o que permitiu que o traballo do equipo fose mellor; concedendo unicamente 4 goles en 10 minutos; as diferenzas empezaron a crecer; e nin o 7×6 dos visitantes; funcionaríalles para reducir distancias.

Coas rotacións da segunda parte, o Xiria impoñería un fondo de armario máis amplo e sentenciaba un choque que lle mantén líder; e coa vista posta no próximo compromiso co Seis Do Nadal, en Coia.

Calvo Xiria 37 – Reconquista Grupo Forbe 29

Calvo Xiria (17+20): Antonio Mato (p) (1), Iago Gómez (p), Fari (4), Fran Rey (2), Dani Mallo (1), Chimpo Rodríguez (3), Diego Vega (5), Juanka Rodríguez, Diego Antelo, Manu Méndez (2), Alejandro Gómez (2), Jorge Bouzas (6), Aaron Rodríguez (2), Mario Cancela (1), David García (7), Edu Cousillas (1).

Reconquista Grupo Forbe (17+12): Mauro Pereira (p), Jesús Veiga (p), David Antonio Alvés (6), Rubén Rodríguez, Carlos Fernández, José Ángel Fernández (4), Isidro Fernández (1), Javier Freijeiro (3), Diego Prada (2), David Castiñeira (2), Iago Fernández (1), Guillermo Fernández (10).

Marcador cada 5 minutos: 4-4, 7-7, 8-9, 12-12, 15-15, 17-17 (descanso); 20-20, 24-21, 25-23, 30-24, 33-27, 37-29.

Árbitros: Marcos Pérez e Pablo Torreiro, do colexio galego

Incidencias: Partido correspondente á décimo sexta xornada do Grupo A da Primeira Estatal, disputado no pavillón Vila de Noia, de Carballo.