O Calvo Xiria suma dous novos puntos ante o Carnes Doribeiro

O Calvo Xiria volvía ao Vila de Noia, para un novo partido de primeira nacional; o seu rival o Condes Doribeiro Ourense, non llo poñería fácil, nun partido que se decantou ao lado carballés a falta de 15 minutos, grazas á achega de todo o equipo, xa que as rotacións permitiron ao Calvo Xiria chegar fresco ao tramo final e sentenciar, desde a defensa e a velocidade nas transicións.

O Calvo Xiria, sufriu nos primeiros minutos de xogo, entre os fallos de lanzamento en ataque, e unha defensa permisiva dentro dos 9 metros, o choque empezou 0 a 3 en contra. Abriu a lata, para os do Calvo; Gabriel de penalti, empezando a seleccionar mellor os lanzamentos, o partido movíase con mínimas vantaxes para os visitantes. Demasiadas dúbidas entre os defensores, que aproveitou o rival para explotar o seu xogo co pivote. Os cambios permitiron ao Xiria, chegar fisicamente mellor ao tramo final da primeira metade, e axustando mellor a parcela defensiva, chegaron os roubos de balón e os contraataques. Un parcial de 6 a 1, permitiu ao Xiria chegar ao descanso por diante. 16 a 13.

Empezaba a segunda metade, e outra vez custoulle arrincar ao Calvo Xiria, que vió como no minuto 40 (20-20) a súa vantaxe esfumouse, aproveitando os visitantes unha superioridade. Soubo xogar ben o conxunto carballés, un parcial de 4 a 0 favorable, nun momento crucial do encontro, e sentenciou nos seguintes minutos, aproveitando o xogo cun máis. Gran final de partido, e boa achega de todos os xogadores do equipo, nunha vitoria que mantén as aspiracións e a ilusión de seguir mirando cara diante.

Calvo Xiria 33 – Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal 25

Calvo Xiria (16+17): Iago [p], Antonio [p], Cristian Canosa (2), Gabriel Castiñeiras (4), Julián López, Brais Puñal (1), Fran Rey (2), Daniel Mallo (1), Chimpo Rodríguez (4), Juan Carlos Rodríguez (4), Manu Méndez (2), Jorge Bouzas (5), Alejandro Gómez (2), Adrián Losón (3), Edu Cousillas (3).

Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal (13+12): Ángel Taboas, Borja Pérez, Iván Reinaldo, Xurxo Pérez, Thiago De Oliveira, Juan Sotelo (8), Rafael Fernández, Roi Lamas (2), Celso Ramón Sotelo (5), Miguel Domínguez, Borja González (1), Pablo Lorenzo (6), Nicolás González (1), Mario Fernández, Iago Fernández (2), Manuel Cerviño.

Maracdor cada 5 minutos: 1-3, 4-5, 7-8, 9-10, 10-12, 16-13, (descanso); 18-15, 20-19, 21-20, 26-21, 30-24, 33-25.

Árbitros: Pablo González e Javier Miranda.

Incidencias: Partido correspondente á décimoséptima xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no pavillón Vila de Noia, de Carballo, ante uns 300 afeccionados.