O Calvo Xiria suma e segue

Vitoria do Calvo Xiria diante do De Pueblo Carnicería Pabellón de Ourense (37-26) que evidencia o bo momento de forma das nosas.

As nosas senior afrontaban o encontro con numerosas baixas, pero foron quen de dominiar o encontro de principio a fin. O parcial 5-0 inicial, cunha defensa moita activa no roubo de balón e rápidas transicións, sentou as bases da tónica xeral do encontro. Con minutos para todas as xogadoras na primeira metade, as carballesas amosaban o seu poderío e o nivel de xogo mantíase coas rotacións.

Cun 17-11 ó descanso, as nosas volveron poñer o pé no acelerador á volta de vestiarios e distancia non deixou de medrar. Os intentos das ourensanas por acurtar a distancia foron en balde, malia que nos últimos minutos conseguiron maquillar o resultado e reducir minimamente a distancia. Vitoria final 37-26 con mención especial para Marta polos seus 13 tantos e para Jessi que, pola ausencia de Nati e Sheila, tivo que ocupar a posición de pivote con moi bo rendemento.

Esta semana as nosas mídense ó Balonmán Reconquista de Vigo o domingo ás 10:30 na loita pola segunda praza.