O Calvo Xiria vai a máis, para facerse coa vitoria ante o Bm Tenerife Tejina

Despois de non poder disputar a segunda xornada polas malas condicións climatolóxicas presentes en illas Canarias, o Calvo Xiria confirmou o seu bo arranque na Primeira Nacional de balonmán coa súa segunda vitoria. Fíxo na casa, nun pavillón Vila de Noia cun gran ambiente, e ante o Bm Tejina La Laguna (30-20), de Tenerife.

Comezaba tomando o mando o conxunto visitante, con xogadores fortes ben plantados en defensa, mentres que o Calvo Xiria tentaba explotar a súa velocidade para atopar espazos. Os carballses tiveron que esperar ao minuto sete para poñerse por primeira vez por diante no marcador (3-2), pero os tinerfeños íanse tres arriba tras dúas exclusións consecutivas dos de Adrián Dubra. O Bm Tejina poñíase con catro goles de diferenza, a súa máxima vantaxe en todo o partido, cando ían 18 minutos de xogo, Chimpo e a Manu saltaron á pista buscando unha reacción local que non se fixo esperar, xogando con velocidade, recuperando balóns e explotando os extremos. Un parcial de 5-0 poñía o marcador con 10-9 a favor do Xiria e obrigaba ao técnico visitante a pedir tempo morto, para finalmente chegar ao descanso con 12-10 para o Calvo Xiria.

Tras o paso por vestiarios, os canarios empatando a contenda, pero o que parecía que podía ser unha reacción non pasou de aí. A defensa liderada por Jorge Bouzas e Antonio Mato en portería serviron para que o Xiria fose aumentando distancias no marcador. Os carballeses chegaron a ter ata once tantos de vantaxe, que finalmente quedaron en dez. Agora, o Calvo Xiria prepárase para dúas xornadas consecutivas fora de casa nas pistas do Bm Cañiza e o Oar Coruña.

Calvo Xiria 30 – Bm Tenerife Tejina 20

Calvo Xiria (12+18): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aaron Rodríguez (2), Esteban Puñal, Gabriel Castiñeiras (1), Fran Rey, Julián García, Hugo Rodríguez (7), Diego Vega (5), Manuel Méndez (4), Alejandro Gómez (8), Jorge Bouzas, Carlos Varela (1), Mario Cancela (1), Martín Fuentes (1).

Bm Tenerife Tejina (10+10): Cristian Oliver, Amit Vashedev Nandwani (2), Javier Aragón (8), Alejandro Larrondobuno, Javier Evaristo (1), Jonas Jesús Pérez (1), Jose Antonio Rubio, Tomas Bañeras (3), Mario Díaz, Alberto Saiz (1), Joel Armas (4), Gonzalo Arenas.

Parciales cada 5 minutos: 2-2, 3-2, 5-6, 6-9, 9-9, 12-10, (descanso), 13-12, 16-14, 20-15, 25-17, 29-18, 30-20.

Árbitros: Alejandro Lozano e Pablo Martínez.

Incidencias: Partido correspondente a 3ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).