O Calvo Xiria vence o BM Caselas e consolídase na parte alta

A longa viaxe do noso senior feminino para xogar ante o BM Caselas foi recompensada cunha vitoria contundente ante un rival directo na loita por estar na parte alta da táboa.

Dúas boas accións en ataque de Alba decantaron a balanza do lado do Xiria xa dende os primeiros compases do partido. As locais non eran quen de romper o contundente 6:0 carballeses e as nosas atopábanse cada vez máis cómodas co paso dos minutos e o comezo das rotacións que se refloxou no 10-16 que se chegou ó descanso.

Tralo paso polos vestiarios, o ritmo das carballesas non baixou. O bo facer de Sara en portería nos primeiros minutos, xunto coas accións en ataque de Elena e Juana e unha Aida moi inspirada axiña puxeron o +10 no marcador. Resultado final de 19-32, dando un golpe na mesa que permite seguir o Calvo Xiria con opcións de desputar os play-off.

Reparto de minutos entre todas as xogadoras e moi boas sensacións do equipo, xogando con moita confianza e consciente do duro calendario antes do parón de Nadal.