O Calvo Xiria viaxa a Las Palmas; onde lle espera o Bm Ingenio; cuarto clasificado

1ª Nacional masculina

O Calvo Xiria quere sacar rédito deste difícil desprazamento e seguir coa liña ascendente da segunda volta. Un Bm Ingenio que aspira a meterse no trío de cabeza, espremerá ata a última bala para tentalo.

Por tanto; o cadro bergatiñan, sabe do pontencial do seu rival e buscará a maneira de conseguir os dous puntos.

As transicións en segunda onda e o ataque posicional cobran protagonismo, xa que o locais, posúen unha gran antropometría física, e sentense cómodos no corpo a corpo. Por iso a velocidade e mobilidade de balón, do Calvo Xiria ten que ser unha das armas neste choque.

Categorías base

O Laber Xiria xoga o venres, no mpal de Porriño contra o Bm Porriño, ás 12:45. O obxectivo a curto prazo é alcanzar o segundo posto do grupo B, da liga Oro. Non poden fallar máis; son conscientes e están a traballar ben para conseguilo.

O Grupo Lemaco Xiria A, dobra xornada. O venres ás 11:00 xoga no mpal de Porriño contra o Bm Porriño e o domingo ás 12:15 xoga como local no Vila de Noia contra o Footplus AD Carballal. Dous partidos complicados; para os que dispón do total do persoal excepto Pedro Porteiro; que segue recuperándose da súa lesión na man esquerda.

Tamén o Garaysa Xiria dobra xornada e faino como local. O venres ás 10:00 no Vila de Noia contra o CB Tui e o sábado á mesma hora no pavillón Ceip Fogar, contra Bm Reconquista de Vigo. Os infantís queren manter o liderado do grupo A de a liga Ouro, unha dobre vitoria achegaría ao obxectivo final.

Pola súa parte; na penúltima xornada do grupo B da Liga de Ouro Xuvenil Feminina as nosas xogadoras do Hierros Varela Urbieta Xiria mídense ó Balonmán Cangas trala importante vitoria acadada a pasada fin de semana ante o BM. Línea 21.

O equipo chega o encontro ben preparado tras unha boa semana de adestramentos e onde recupera case a totalidade da plantilla, salvo Lucía España, lesionada do ombreiro.

O obxectivo das nosas non é outro que colarse nas eliminatorias polo título e unha vitoria este sábado clasificaría directamente ó noso xuvenil femenino para a desputa dos cuartos de final: A importancia do encontro é clara, sen marxe á relaxación e con gañas de desfrutar do balonmán.

O partido desputarase este sábado 20 ás 12:15 no CEIP Fogar con aforo limitado polas restriccións sanitarias.

As de Punta del Este Xiria; xogan o domingo ás 10:00, no pavillón Vila de Noia, de Carballo contra o Footplus AD Carballal. Un encontro que servirá para seguir crecendo ás nosas mozas xogadoras que van a máis e queren competir da túa á túa contra o equipo vigués.

Por último, na liga prata o Metalúrgica BB Xiria xoga o venres ás 9:45 como visitante, ante o Bm Ribadosar, no pavillón Quiroga Palacios. É o primeiro partido tras o parón, e ten que ser un toma de contacto que lles faga mellorar co paso das semanas ata o final de tempada.