O Calvo Xiria xoga no Gatañal na búsqueda do título de liga

1ª Nacional masculina

O domingo ás 12:30 no Gatañal, de Cangas; enfrontarase o Calvo Xiria ao Automanía Luceros. Un día que podería ser especial para o cadro carballés; xa que de lograr un punto proclamaríase campión de liga por terceira vez na súa historia.

Os xogadores dispoñibles para o técnico Adrián Dubra; están mentalizados en lograr tal fazaña; e adéstranse de forma intensa para superar ao Luceros. As transicións unha das partes máis importantes neste partido; xa que os locais conceden poucas opcións de contraatacar, deberá o Xiria optimizar as oportunidades que teña. Por contra, ten que ter eficacia no balance defensivo; e frear a primeira onda local. A afección poderá seguir e animar no partido por streaming.

Categorías base

O Grupo Lemaco Xiria A, xoga esta fin de semana as eliminatorias para a tratar de clasificarse á final4 polo campionato galego. Enfrontarase ao Oar Ciudad, no pavillón San Francisco Javier, o sábado ás 11:00, buscando xogar a final do domingo.

O Grupo Lemaco Xiria B, xoga o sábado ás 18:30, no polideportivo O Palomar, contra o Comercial Emilio Bm Lucus, a última xornada da liga prata, co primeiro posto asegurado, quere realizar un bo partido e finalizar con bo sabor, antes da disputa da seguinte fase.

Na categoría infantil, Garaysa Xiria xoga contra Cisne Mundo de Sepo, o sábado ás 10:00 no pavillón Vila de Noia. Bo partido entre os dous primeiros clasificados, que preparan xa a final4. O Metalúrgica BB Xiria, xoga o sábado ás 11:00 no pavillón de Galán, contra Reprint Arteixo Bm; última xornada nun ano de aprendizaxe, para un equipo con xogadores de primeiro ano; con moitos adestramentos por diante para poder evolucionar no seu xogo.

O domingo ás 10:00 no Ceip Fogar, Punta del Este Xiria enfróntase ao Asmubal Meaño, tratando de mellorar a clasificación cunha vitoria; nunha tempada de gran crecemento no apartado colectivo para este grupo de novas promesas.

En categoría alevín; dá comezo a segunda fase da competición, onde Gestagua Xiria e Gallega de Mallas Xiria queren realizar un bo papel; empezando por enfrontarse aos equipos de Bm Culleredo.

Para finalizar a xornada; os equipos benxamíns de Maquisaba, Telepizza, Garaysa e Óptica Auris Xiria xogan as dúas últimas xornadas desta fase, buscando as primeiras prazas da liga.