O Cisne supera ao Grupo Lemaco

Balonmán Cisne 40 – Grupo Lemaco Xiria A 30 – (17-13)

Partido aprazado da 11ª xornada da Liga Galega Ouro

O Cisne demostrou ser o equipo máis forte da categoría ante un Grupo Lemaco que non se minorou pero acabou cedendo ante o potencial dos pontevedreses.
Non se engurraron de saída e os carballeses e imprimiron un ritmo alto de encontro apremando as traxectorias dende a defensa 5:1, intentando roubar o balón para a saída a contra, máis dificultades tiña o Xiria en ataque ante a envergadura do rival, que non deixaba dar velocidade ao balón cunha 5:1 moi profundo. Co paso dos minutos o Cisne empezaba a conectar acertadamente cos seus pivotes e facía moito dano na defensa do Laber que se vía incapaz de cerrar eses ocos.
O ritmo no marcador era demasiado exixente para o Xiria ao que lle costaba marcar en ataque e recibía gol con facilidade, o tempo de partido foi agrandando a distancia no marcador cando o Laber erraba no lanzamento e por veces perdía a posesión do balón.
Vitoria para o Cisne que o coloca coma favorito para facerse coa primeira praza e derrota para un Grupo Lemaco que nas vindeiras xornadas xogará contra os rivais directos na clasificación.

Balonmán Cisne 40 (17): Antón Rodríguez, Mateo Monteagudo, Hugo Casal, Xoan Fernández 10, Mauro Lago 4, Mateo Castro 2, Miguel Domínguez 2, Manuel Lorenzo 7, Breixo Fentanes 3, Pedro Fernandez 5, Adrian Rey 1, Manuel Hernández 3 e Roi García 3

Grupo Lemaco Xiria 30 (13): Antón Pardiñas (porteiro), Xurxo Fraga 4, Manu Pérez 2, Pablo Veiga 10, Pablo Suárez 1, Diego Mourelle 1, Hugo García, Marcos Suárez 1, Angel Villar, Dani Periscal, Henrique Traba 10, Miguel Cambón, Manu Rey e Marcos Amarelle 1.

Arbitraron: Cesar Díaz e Catarina Adao