O “Derbi” decántase para o Laber Xiria na primeira metade

Balonmán Culleredo 25 – Laber Xiria 37 (10-20)

Superioridade no “Derbi” provincial dun Laber Xiria máis rápido nas súas accións e resolutivo de cara a gol.
Comezo de partido, no que a pesares de costar atopar o sitio en defensa, o Laber non tivo dificultade para abrir oco no marcador a base de recuperacións de balón e imprimir velocidade nas contras. Ante o ataque posicional do Xiria o Culleredo amosouse moi intenso pero chegando tarde a moitas accións, o que tería que implicar as exclusións constantes dos locais, converteuse nunha permisibilidade arbitral que fixo que o partido se convértese nun duro choque para a integridade dos xogadores de ambos equipos.
O Laber amosouse baixo de intensidade defensiva, algo que deberá cambiar para o importante compromiso do vindeiro sábado, pois recibe ao Cisne pontevedrés, partido que medirá as aspiracións dos carballeses para esta tempada.

Balonmán Culleredo 25 (10): Antonio Rial e Oscar Bello (porteiros) Asier Blanco 12, Alberto Ansede 1, Brais Pérez 1, Pablo Fernández, Francisco Lojo, Eloy Figueira, Adrián Díaz 2, Daniel Del Rio 1, Pablo Gómez 6, Manuel Gómez 1, Guillermo Seijo, Nuno Loxo e Marco Rivadulla 1.

Laber Xiria 37 (20): Diego Lema, Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Iker Martínez 2, Alex Gómez 14, Mario Cancela 6, Dani Mallo 5, Franco Rial 5, Aaron Rodríguez 2, Diego Antelo 1, Toni Calvelo 1, Carlos Varela, Javi Rodríguez, Pablo Esmorís, Fer Mallo 2, Alex Puñal

Arbitraron Henrique Folgoso e Rubén Iglesias