Derbi provincial no Vila de Noia, con intereses diferentes entre Xiria e Culleredo. Os visitantes xa son campións galegos; mentres o Montaxes Carballo Xiria segue en plena loita por unha das prazas da final4.
O partido empezaba co Bm Culleredo gozando de pequenas vantaxes; aínda que os de Carballo; non lle perdían a cara ao partido, trataban de impoñer un ritmo de xogo que lles beneficiase. As perdas de balón fraguaron a remontada local, que ao descanso do partido vía como se chegaba con 12 a 14 no marcador.
Tras o paso por vestiarios; o Montaxes Carballo Xiria, tomaba mellores decisións no ataque posicional; o que lle permitiu estruturarse de maneira cómoda e darlle a volta ao resultado. Esta vez eran os de Xiria os que mantiñan a renda de 2 goles ata que a falta de 5 minutos, chegábase con empate. O intercambio de goles, deixou o resultado en 28 a 28.
Un punto importante nas aspiracións do Montaxes Carballo Xiria, que viaxa a Cangas na última xornada.
Montaxes Carballo Xiria 28 – Bm Culleredo Remax Riazor 28
Montaxes Carballo Xiria: Samuel Soneira (p), Antón Pardiñas (p), Simón Viña, Andrés Pombo, Nicolás Cancela, Daniel Persical, Brais Suárez, Marcos Suárez, Álvaro García, Aday Gómez, Marcos Varela, Maxi Díaz, Jorge Rodríguez.
Bm Culleredo Remax Riazor: Marco González, Teo López, Xoan Canedo, Aaron Blanco, Bruno Pardo, Hugo Díaz, Jorge Outón, Atalo Bello, José Miguel Martínez, Roi Fernández, Hugo Rodríguez, Iván Sánchez, Adrián Vieira, Samuel Seijas, Nicolás Casal, Alejo Martínez.
Árbitros: Renzo Martín Díaz e Alison Caamaño.
Incidencias: Partido correspondente a 17ª xornada da liga Ouro xuvenil masculina, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).


