O futuro das Escolas Balonmán Xiria

Despois de tres xornadas xogadas da liga benxamín mixta, podemos dicir que os máis pequenos de Escolas Balonmán Xiria representan a verdadeira ilusión por xogar ao deporte que máis lles gusta. Os vintedous nenos e nenas repartidos en dous equipos, representan o futuro dunha entidade con evidentes sinais da aposta pola base. O Clínica Dental Pico Blanco Xiria e o OAK English Center Xiria, compiten na liga regular benxamín do grupo Oeste da provincia da Coruña. Son dous equipos moi novos que representan a verdadeira esencia do deporte, a da ilusión, a emoción e ese inocente nerviosismo por afrontar o partido de cada fin de semana. Sen dúbida, o futuro das Escolas Balonmán Xiria está asegurado con estes pequenos artistas que tanto nos gosta ver xogar en cada xornada.

Clínica Dental Pico Blanco Xiria:                                                               

img_20161201_180041

 

OAK English Center Xiria:

img_20161201_175040