O Gallega de Mallas gaña e segue invicto

Chegaba a 9ª xornada da Liga Alevín de Bm7 e ao Gallega de Mallas tocáballe desprazarse ata Culleredo na tarde do venres para enfrontarse ao Bm Culleredo Canedo no Polideportivo Municipal de Vilaboa. A diferencia entre os dous equipos na clasificación era moi ampla, polo que se prevía un partido con obxetivos moi diferentes para ambos.

Comezaba o partido con moitas dudas o Gallega de Mallas, con abundantes perdas de balón e moitos erros no lanzamento. Aínda así e a pesares do mal xogo, conseguían imporse por 1-3 e 4-6 nos dous primeiros cuartos.

No 3º e 4º cuarto, os nosos rapaces asentáronse en defensa e gracias a varios roubos de balón e a un moi bo contrataque conseguiron levarse os tempos con bastante vantaxe, 0-5 e 2-10 respetivamente.

O Gallega de Mallas Xiria atópase 2º na clasificación con 14 puntos de 14 posibles. O seguinte partido será o aprazado fronte ó Cp Lucense, 1º clasificado con 16 puntos de 16 posibles.

Bm Culleredo Canedo vs Gallega de Mallas Xiria: 4-12

Gallega de Mallas: Xano Rama, Hugo Rivas, Nicolás Mejuto, Andrés Pedreira, Daniel Marta, Marcos Varela, Xabi Fernández, Andrés Pombo e Álvaro Gómez.

1º cuarto: 1-3

2º cuarto: 4-6

3º cuarto: 0-5

4º cuarto: 2-10