O Gallega de Mallas Xiria imponse ao Línea 21

Logo dun mes sen competición debido ao partido aprazado da xornada 7 fronte o Cp Lucense, o Gallega de Mallas volvía á competición nesta xornada 8 da Liga Alevín de Bm7 para enfrontarse ao terceiro clasificado ata a fecha, o Línea 21.

Esperábase un partido igualado no Pavillón do Ceip Fogar na mañá do sábado, pero os nosos rapaces quixeron que non fose así e reflexárono no campo cun auténtico partidazo. No primeiro cuarto, os nosos saíron algo nerviosos ao partido, pero aínda así conseguiron impoñerse por 7-4 no marcador. No dous seguintes a cousa cambiou, gracias a unha gran defensa e a diversos roubos de balón, o marcador reflexou un 11-1 nos dous cuartos. No derradeiro cuarto, e xa co partido ganado, o Gallega de Mallas impúxose por 5-2 para que os dous puntos quedasen en Carballo.

O Gallega de Mallas é segundo con 6 vitorias en 6 partidos, só superado polo mencionado anteriormente, o Cp Lucense, que conta con 7 vitorias en 7 partidos.

Gallega de Mallas Xiria vs Línea 21: 12-4

Gallega de Mallas: Xano Rama, Hugo Rivas, Nicolás Mejuto, Andrés Pedreira, Daniel Marta, Nico Cancela, Unai Cotelo, Marcos Varela, Xabi Fernández, Andrés Pombo, Pablo Fraga e Álvaro Gómez.

1º cuarto: 7-4

2º cuarto: 11-1

3º cuarto: 11-1

4º cuarto: 5-2