A alta intensidade fai que o Garaysa A sume 2 novos puntos para apretar a clasificación na loita pola Final Four.
Sar Nosatun 30 – Garaysa Xiria A 34
Garaysa Xiria: Iker Lema, Andrés Gómez, Desale López (15), Ivan Rey (1), Gonzalo García (3), Quintín Insua (5), Rodrigo Rama (3), Lucas Radio (2), Brais Sánchez (1), Dani Pan (1) e Hugo Rama (3) e Sergio Pérez.
Incidencias: Partido correspondente á 13ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón A Bombonera (Redondela).
Arrancaba o encontro na Bombonera, con dous equipos con ataques moi fortes, e cunha alta intensidade defensiva. Nos primeiros minutos, os locáis conseguían entrar algo mellor no partido e facían parar o mesmo aos carballeses cun 9-6 no marcador. A partires de ahí o duelo igualábase e viuse a un Xiria mellor na axudas defensivas e máis efectivo en ataque.
A segunda metade foi máis do mesmo, onde ningún dos dous equipos conseguía irse de máis de 2 goles no marcador ata que chegados aos últimos minutos, unha exclusión moi ben forzada por Lucas fixo que os redondeláns xogaran a parte final cun xogador menos onde o Xiria o aproveitaría moi ben para coller a vantaxe suficiente para sentenciar o partido.
A vindeira semana o Garaysa A descansará.