O Garaysa cae ante o Cisne nun partido igualado ata o final

A pesares dunha gran primeira metade, o Garsaya cae ante o campión de liga e finaliza 7º na Liga Ouro Infantil masculina.

Garaysa Xiria 29 – Cisne Mundo de Sepo 33

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Marcos Varela, Nicolás Cancela, Andrés Pombo, Nicolás Mejuto, Izan Cabeza, Xabi Fernández, Dani Marta, Xano Rama, Andrés Pedreira, Lucas Fajardo, Saúl Fuentefría.

Incidencias:  Partido correspondente á 22ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Fogar (Carballo)

O Garaysa saía ao partido moi enchufado e coas ideas claras ante a defensa habitual 6:0 do Cisne. Na primeira metade viuse a un Xiria moi solto e con grandes accións en ataque que lle fixeron chegar ao descanso cunha vantaxe de 5 goles.

Na segunda metade o partido cambiou, e o Cisne plantexaba unha defensa 4:2 sobre Marcos Varela e Nico Cancela na que os de Carballo non souberon mostrar o mesmo nivel que na primeira metade. Chegados aos 5 últimos minutos e co partido empatado, unha tarxeta vermella a Nico Cancela por 3 exclusións marcou o partido. O Cisne conseguía un parcial de 2-6 e levaríase así o partido.

O Garaysa Xiria remata a tempada e finaliza 7º na Liga Ouro e non consegue así o billete para a Final Four.