O Garaysa comeza a liga con vitoria

O Garaysa Xiria desprazouse na primeira xornada de liga a Chapela,  para enfrontarse a un rival xa conocido da categoría.

O partido comezou con pequenas ventaxas do equipo carballés grazas a unha boa defensa inicial, mais o certo é que as as rentas nunca ían a facerse grandes xa que, co paso dos minutos, o Chapela mediante desdobramentos comezaba a facer dano o equipo visitante.  Sen embargo antes de marchar aos vestiarios unha serie de contras ía a facer que o marcador fose de 6-14 para os carballeses.

A volta dos vestiarios a dinámica do partido seguía do mesmo xeito. O Chapela buscaba seguir facendo dano co seu xogo e o Xiria lograba subir a diferenza con algunha que outra contra directa. Na conclusión do partido o Chapela conseguíu reducir a diferenza e mellorar o seu xogo grazas a relaxación dos visitantes que non souperon manter o mesmo ritmo durante todo o partido, unha tarefa pendente para as seguintes xornadas.

Destacar que se comezou ca liga con unha vitoria que sempre é importante e que todos os xogadores participaron activamente nesta vitoria.

 

BALONMÁN CHAPELA 23 (6+17) Abraham Martínez, Aitor Vilas, Ángel Pérez (1), Javier Costas, Xoel Fernández (4), David López, Nicolás Diez, Yago Raimundez (7), Guillermo Lago (2), Pablo Álvarez (6), Asier Vázquez (3)

GARAYSA XIRIA 29 (14+15) Hugo García(2), Manuel Pérez (2), Pablo Suárez, Xurxo Fraga (8), Marcos Amarelle, Miguel Cambón (3),  Ángel Villar, Manuel Rey, Erik Vázquez (2), Pablo Veiga (5), Daniel Bello.