Garaysa Xiria – 24 (12+12): Diego Lema, Xurxo, Brian (1), Pedro (5), Mario (2), Manuel (1), Alex (8), Iago (2), Adrián (2), Julio, Iker (2) e Franco (1).
Bm. Cisne – 40 (21+19): Carlos (1), Mateo (8), Sineiro (9), Domínguez (5), Anxo, Muñoz (1), Ricardo (1), Diego (2), Iván (3), Diego R. (3) e Carlos (7).
Os carballeses afrontaban esta semana un complicado partido contra o 2º clasificado, o Bm. Cisne. Os de Pontevedra non tardaron en facerse donos do encontro fronte a debilidade defensiva amosada polo Xiria, incapaz de frear aos atacantes rivais.
O encontro estivo marcado pola velocidade no xogo e pola pouca contundencia defensiva amosada por ambos equipos, o que se traduciu en moitos goles dende o inicio (Min.10 6-11). O Garaysa aguantou esa diferenza de 5 goles ata a recta final deste primeiro tempo (Min.20 12-17), pero nos últimos minutos deixou escapar ao Cisne ata os 9 goles (1ªParte 12-21).
O mellor que estaba a facer o Garaysa, que era atacar con fluidez e soltura, perdeuno co paso dos minutos, caendo en moitos momentos nun xogo máis individualista e pausado. Eses intres eran ben aproveitados polos pontevedreses para aumentar a renda de goles que rematou sendo moi ampla.
Clasificación trala 19ª xornada:
Fotos do encontro:










