O Garaysa espertou nos últimos 15 minutos pero non tivo tempo a remontar

O Garaysa espertou nos últimos 15 minutos pero non tivo tempo a remontar

La Cinco Jotas Lavadores «A» – 29 (16+13): Beltrán (12), Domínguez, Barciela, Diz (1), Conde (1), Cazapal (8), Abalde, Sobreira, Pérez A. (4), González, Almuíña (3), Pérez C. e Alonso

Garaysa Xiria – 26 (7+19): Julio, Iago (1), Adrián, Manuel, Alex (15), Franco, Mario (4), Pedro (4), Xurxo, Iker (2) e Brian.

O encontro comezaba de cara para o Lavadores que, cunha mesma xogada co extremo en circulación, conseguían claras situacións de lanzamento e con elas as primeiras vantaxes para os locais.

Este golpe inicial provocou presas en ataque e unha presión extra nos nosos que se viu traducida en erros en lanzamentos e pases claros. No minuto 13 o Lavadores marcara xa 12 goles por 5 dos nosos.

Cando o Xiria comezaba a defender mellor Alex tivo que retirarse do campo por unha molestia na perna e a capacidade goleadora do equipo viuse minguada. O resultado ao descanso era de 16-7, o que poñía o partido moi costa arriba.  

Na segunda metade o Xiria comezou coa mesma dinámica negativaatacolocarse11golespordeaixo, pero un par de roubos en defensa e varios goles rápidos de contragolpe foron suficientes para dar folgos e sacar a relucir o carácter e o orgullo do equipo. Así en a penas 15 minutos estiveron a piques de darlle a volta a un partido para esquecer que se complicou demasiado.

Ao remate 29-26, pese a non acadar a vitoria o Garaysa consegue con este resultado a vantaxe co Lavadores en caso de empate a puntos.

 

Clasificación trala Xornada:

Clasificación

 

Fotos do encontro:

IMG_4503 IMG_4504 IMG_4505 IMG_4506 IMG_4507 IMG_4508 IMG_4511