O Garaysa estréase con vitoria na casa

O pasado sábado 28 o Garaysa Xiria xogaba o segundo partido da tempada, partido que xogaría na casa no que sería a estrea diante do seu público.

O Garaysa comezou o partido de menos a máis. Nos primeiros minutos a defensa deixaba moitos ocos entre liñas e o ataque insitía en buscar situacións de gol polo centro da defensa, onde acumulaba máis defensores o Bm Narón, chegando ao minuto 10 con 4-3 no marcador. A partir de ahí o Garaysa atopou o seu xogo, moito máis dinámicos na defensa, propiciando os erros do rival e, apoiados por unha boa portería. No ataque, a pelota chegou con criterio aos espacios baleiros, onde fomos capaces de anotar. De este xeito o Garaysa cobrou unha boa ventaxa antes de pasar polos vestiarios 15-5.

Na segunda metade lonxe de baixar o nivel de concentración os xogadores carballeses mantiveron o nivel, conseguindo así que a ventaxa fose aumentando paulatinamente.  O resultado final foi de 31-9, conseguindo así a segunda vitoria da tempada.

GARAYSA XIRIA 31 (15+16) Hugo García(1), Manuel Pérez (6), Pablo Suárez (1), Xurxo Fraga (10), Marcos Amarelle (3), Miguel Cambón ,  Ángel Villar, Manuel Rey (3), Erik Vázquez (1), Pablo Veiga (6), Daniel Bello.

BALONMÁN NARÓN 9 (5+4) Antón Rodríguez (1), Lucas Freire (1), Mario Casal (2), Manel Franco, Jaime Serrano, Oscar Rodríguez, Pablo Gómez, Pablo Lage (1), Oscar Casal, David Portas (1), Jorge Catalán (3)