O Garaysa fixo un bo partido pero non puido contra a SAR

SAR Dacuña y Pérez – 31 (17+14): Pablo (3), Raúl (1), Lorenzo (1), Gael (3), Luis (1), Iñaki, Javier R. (2), Ángel, Javier D. (3), Juan (9), Diego (3), Javier M. e Alejandro (5).

Garaysa Xiria – 26 (13+13): Pedro (7), Mario R. (2), Manuel, Alex (11), Iago (3), Julio, Iker (1), Franco, Xurxo, Brian, Mario C. (2) e Diego.

Os carballeses amosaron un bo xogo e unha boa actitude en defensa durante todo o encontro, sen embargo os erros en pases e lanzamentos claros impediron que puidesen traer algún punto de Redondela.

O Garaysa comezou o encontro impoñéndose no marcador, amosando moita solvencia en ataque conseguía poñerse 2 goles por riba (Min.10 5-7). Sen embargo a SAR non tardaría en darlle a volta ao marcador, aproveitando as perdas de balón dos carballeses, rematou a primeira metade cunha cómoda vantaxe de 4 goles (Min.25 17-13).

Sen embargo o Garaysa era consciente da importancia dos puntos en xogo de cara á permanencia e non ía deixar de loitar polo partido. A base de aumentar a presión defensiva os infantís do Xiria conseguían achegarse a 2 goles mediada a segunda metade, pero de novo varias perdas de balón condenaban aos carballeses a unha dolorosa derrota.

PERMANENCIA:

O 12º e 11º descenden de xeito directo. O 10º xoga a promoción contra o 3º clasificado da Segunda División.

Podemos ver na táboa os equipos na loita por eludir o descenso.

Permanencia

 

ÚLTIMA XORNADA (14/03)                        APRAZADOS (22/03)

GARAYSA XIRIA – BM. TUI                        OCTAVIO – GARAYSA            

LAVADORES – CISNE                                     LUCEROS – OAR

TEUCRO – CANGAS   

O Garaysa ten na súa man a oportunidade de acadar a permanencia nesta última xornada contra o Bm. Tui, que ten os mesmos puntos que os carballeses. O Lavadores enfróntase ao Cisne, 2º clasificado, que deberá gañar para impedir que o Octavio lles arrebate a praza para o campionato de España.

Se o Garaysa gaña e o Lavadores perde, o equipo infantil do Xiria mantería de xeito matemático a permanencia, xa que remataría empatado a punto cos vigueses pero por riba deles polo golaverage a favor.

 

Fotos do encontro;

IMG_4789 IMG_4778 IMG_4779 IMG_4784

j