Garaysa Xiria – 23 (14+9): Pedro (1), Mario (2), Manuel, Alex (11), Iago (5), Julio, Iker (2), Franco (1), Xurxo, Brian (1) e Miguel.
Bm. Carballal – 31 (14+17): Julio, Jose (1), Blas (1), Samuel S. (1), Jose M. (6), Alberto (5), Lucas (4), Brais, Lois, Mario (6), Jose C., Óscar (2), Samuel B., Carlos (5) e Pablo.
O Garaysa arrancaba o partido moi motivado, consciente de que as súas posibilidades para acadar a vitoria pasaban por exercer moita presión sobre os primeiras liñas vigueses e poder correr así ao contragolpe. So pequenos despistes nos apoios permitían que nos primeiros compases do encontro o Carballal mandara no marcador con pequenas vantaxes. Min.8 (4-5).
O xogo en ataque era fluído e rápido, o balón corría de extremo a extremo ata acadar boas situacións de lanzamento, cun Iago moi inspirado de cara a gol que finalizaba con acerto os balóns que lle chegaban gañados. Sen embargo o poderío físico dos primeiras liñas do Carballal seguía dándolles a vantaxe no marcador. Min 14 (7-9).
Na recta final deste primeiro tempo o Garaysa apertou en defensa: Iker no avanzado interrompía continuamente a circulación de balón dos atacantes do Carballal. Miguel estivo moi atento na marcaxe ao pivote para evitar os pases e va que xa custaran varios goles. E Julio na portería fixo unha primeira parte para enmarcar, con paradas de tódalas cores e sempre moi ben situado baixo paus. Con isto o Garaysa conseguía poñerse por diante no Min.22 (12-11). Nestes últimos minutos varias accións individuais do enorme pivote vigués colocaban a igualada no marcador no ecuador do encontro.
O segundo tempo foi moi diferente. O Carballal saíu moi forte e en apenas 10 minutos puxo o encontro moi costa arriba para o Garaysa, que parecía quedar sen ideas en ataque. Dúas exclusións nestes primeiros minutos complicaban aínda máis a situación. Min.10 (16-24). Os carballeses tentaron, con máis corazón que cabeza, darlle a volta ao partido pero xa non puideron facer nada para evitar que o Carballal se fixera coa vitoria.
Clasificación trala 15ª xornada:
Fotos do encontro: