Gran vitoria do Garaysa Xiria A que lle da dereito a organizar o playoff á Liga Ouro que se disputará o vindeiro fin de semana.
Garaysa Xiria A 54 -Balonmán Porriño 30
Garaysa Xiria: Desale López, Iker Lema, Ivan Rey, Gonzalo García, Quintín Insua, Rodrigo Rama, Lucas Radio, Brais Sánchez, Román Pérez, Dani Pan, Hugo Rama, Tomás Añón.
Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada da Fase de Clasificación infantil masculina disputado no Pavillón Vila de Noia (Carballo)
Chegaba a derradeira xornada da fase de clasificación onde os de Carballo debían gañar para optar a esa 1ª praza. O partido comezaba moi ben para o Xiria, que mediante un xogo rápido en ataque conseguía superar á defensa do Balonmán Porriño. A primeira metade avanzaba, e os da casa que non baixaban o ritmo, metíanlle unha marcha máis en defensa para chegar ao descanso cunha gran vantaxe, que xa sería definitiva para os visitantes.
A segunda metade foi máis do mesmo, e aínda que os carballeses baixaron algo a intensidade en defensa, conseguiron seguir moi enchufados de cara á porta, onde se chegaría ó final cun amplo 54-30 a favor dos locáis.
A vindeira semana o Garaysa Xiria xogará o playoff en Carballo nun grupo donde estarán o Bueu, Cañiza e Rasoeiro, onde os dous primeiros clasificados xogarán na Liga Ouro.