O Garaysa imponse fronte ao Bm Rebusca 46

O Garaysa Xiria desprazábase o sábado día 10 ata Ribadavia para enfrontarse ao Bm Rebusca46. Os carballeses viaxaban co obxetivos de voltar á intesidade e xogo perdido por momentos nos partidos pasados.

O comezo do partido estivo marcado polos ataques de ambos equipos que conseguían superar de maneira repetida ás defensas.  Con todo, co paso dos minutos o Garsaysa conseguiu frear aso de Ribadavia, anticipando os seus pases e vai e con máis contundencia nas accións de un para un. De este xeito con unha defensa máis acertada e, coa facilidade para anotar no ataque facía que os carballeses conseguisen marchar ao descanso 13-19.

Logo do descanso o Garaysa saltou ao terreo de xogo coa mesma pasividade do inicio do partido e, froito desta pasividade, o Rebusca conseguía anotar con facilidade. Para conseguir trocar esta situación os carballeses prantexaron unha defensa máis profunda que conseguiu roubar varios balóns e volvían a por a diferenza no marcador. De este xeito chegouse ao final do partido con 27-36.