O Garaysa perde no último segundo pero depende de si mesmo para meterse na Final 4

O Garaysa perde no último segundo pero depende de si mesmo para meterse na Final 4

Bo partido do Garaysa Xiria, que foi por diante durante todo o encontro, pero que se lle escapou a vitoria nas dúas últimas accións.

Garaysa Xiria 29 – CB Tui 30

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Álvaro Gómez, Rubén Nogareda, Nicolás Cancela, Andrés Pombo, Nicolás Mejuto, Unai Cotelo, Izan Cabeza, Xabi Fernández, Dani Marta, Saúl Fuentefría, Andrés Pedreira, Lucas Fajardo.

Incidencias:  Partido correspondente á 20ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Fogar (Carballo).

O partido comezaba moi ben para os de Carballo, que xa dende o inicio collían unha pequena vantaxe de 2 e 3 goles. A primera metade non cambiaba, e o Garaysa íbase ao descanso cun gol arriba, pero facendo un moi boa balonmán.

Comezaba a segunda metade, e o Tui apretaba e conseguía por veces empatar o partido, pero nunca poñerse por diante no marcador. O Xiria, mediante boas decisións en ataque, seguía 1 e 2 goles arriba. Chegados os minutos fináis e co partido empatado, os de Carballo tiveron balón para gañar a falta de 8 segundos, pero o porteiro de Tui sacaba un bo pé e posteriormente un contrataque que acabaría co gol do Tui no último segundo.

As dúas próximas semanas serán de descanso, debido ao CESA que se xogará en Semana Santa, e logo o Garaysa visitará Lugo e acabará a Liga en Carballo fronte ó Cisne.