O Garaysa vence dende a defensa

Este domingo disputouse no Vila de Noia o partido pertencente á 13ª xornada da división de honra. Este partido enfrontaba a dous rivales directos como son o Teucro e o Garaysa Xiria. Tendo en conta os precedentes do partido de ida o partido ía a ser igualado.

Sabedores de que se disputaba un partido importante para as aspiracións do equipo o Garaysa  saíu con unha moi boa intensidade o partido. A labor defensiva do Garaysa marcou o ritmo do partido, sendo capaces de que o xogo do Teucro estivera lonxe da portería local e mantendo unha presión que permitía recuperar balóns. No ataque o equipo carballés foi quen de darlle o criterio necesario ao xogo mediante a movilidade da pelota e, sen lamentar perdas de balón.  Deste xeito chegamos ao descanso con 15-11 no marcador.

Na segunda metade o Garaysa lonxe de afrouxar o ritmo defensivo foi capaz de subilo e así conter o arreón do equipo pontevedrés e, grazas a unha defensa moi activa e dinámica recuperar balóns para correr rápidas contras. A intensidade local non baixou ata o final e deste xeito puidemos terminar un encontro moi completo con moi bo sabor de boca. A liña a seguir é esta, progresando día a día, partido a partido.

GARAYSA XIRIA 34 (15+19) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García (1), Alberto Rodríguez (4), Pedro Porteiro (5), Samuel Regueira (4), Ángel Viña (1), Erik Vázquez (10), Pablo Veiga (2), Xurxo Fraga (5), Samuel Veiga (2).

S.D. TEUCRO FRIGORÍFICOS MOLDES 20 (11+9) David Pintos (5), Pedro Gómez (5), Anxo Soliño (5), Pablo Escudero (4), Anxo Barco , Agustin Borel, Salvador Montes (4),  Javier Caramés , Pedro Portela, Martín Justo, David Senra .