O Garaysa vence en Abegondo e colócase na parte alta da clasificación

Unha gran segunda parte en defensa fai que o Garaysa Xiria remonte o partido en Abegondo e consiga a segunda vitoria en 2 partidos na Liga Ouro infantil masculina.

Abegondo F40 24 – Garaysa Xiria 29

Garaysa Xiria: Álvaro Gómez, Hugo Rivas, Lucas Fajardo, Rubén Nogareda, Marcos Varela, Nicolás Cancela, Xabi Fernández, Saúl Fuentefría, Andrés Pedreira, Dani Marta, Xano Rama, Andrés Pombo, Nicolás Mejuto, Unai Cotelo, Izan Cabeza.

Incidencias:  Partido correspondente á 2ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón San Marcos (Abegondo).

O Garaysa Xiria comezou o partido en Abegondo con moitas gañas e xa nos primeiros minutos conseguía irse 2-3 goles no marcador. Chegados ao ecuador da primeira metade, o equipo local reaccionaba e mediante unha defensa presionante conseguía remontar o partido e colocarse 1 arriba ao descanso. 

A segunda metade foi outra historia. Os de Carballo cambiaban a unha defensa 6:0 e dende ahí conseguiron dominar o partido e levarse os 2 puntos para casa.

A fin de semana que ven, a liga colle un parón e o Garaysa Xiria descansará.