O Garaysa Xiria ‘A’ cae na final por 29-31

O Garaysa Xiria ‘A’ cae na final por 29-31

Garaysa Xiria A 29 – Linea 21 Transgalo 31

O Garaysa Xiria caeu ante o Linea 21 logo dun partido moi intenso e igualado que se decidiu por pequenos detalles.

Garaysa Xiria: Andrés Gómez (P), Román Pérez (P), Gonzalo García (5), Quintín Insua (1), Rodrigo Rama (1), Lucas Radio 3), Brais Sánchez (6), Roi Pérez, Héctor Castro, Gael Romero (2), Sergio Pérez (8), Manuel Pombo (3) e Marco Núñez.

Incidencias: Partido correspondente á final da Final 4 da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Lalín Arena (Lalín).

O encontro arrincaba moi intenso con ambos equipos moi ben nivel ofensivo, onde os desaxustes por parte dos de Carballo atrás comezaban, sobretodo, por falta de agresividade. A primeira metade avanzaba e comezaba a emerxer a portería visitante, co que os coruñeses conseguían coller renta de 3 goles e obrigaban a Jorge a pedir tempo morto. Dende ahí o Xiria, con moitas dúbidas, sacou carácter da man de Manuel Pombo, pero o Línea 21, moi ben comandado por Manuel e Aitor en ataque seguía perforando a portería de Román para chegarse ao descanso con 2 goles de vantaxe visitante.

A segunda metade foi moi semellante á primeira, onde o Garaysa, con moitos nervos á hora de atacar, non conseguían accións claras de gol e na parte defensiva non estaban a controlar ben os 1×1. No ecuador da segunda metade, os visitantes abrían renta de 4 goles grazas, sobre todo, a intervención do seu porteiro, que acabaría o encontro con 15 paradas. O Xiria intentou tirar de orgullo, e grazas tamén ás grandes intervencións de Andrés, conseguía estar no partido non últimos minutos, máis non sería suficiente, e o Línea 21 sentenciaba a falta de 30 segundos, para levarse o partido e esa praza ao sector nacional.

Remata a tempada para o Garaysa Xiria en Liga, onde agora terán unhas semanas de descanso ata que comece a Copa Federación logo do parón de Semana Santa.