O Garaysa Xiria A consegue unha vitoria de valor no Rosal

ATLÉTICO NOVÁS 22- GARAYSA XIRIA A 37

O pasado sábado o Garaysa Xiria A infantil viaxou ó Rosal para enfrontarse ao Novás. Este partido correspondíase á segunda xornada da fase previa do playoff que dá acceso a liga oro. O inicio do partido por parte dos carballeses estivo falto de concentración e de ritmo. Tardaron varios minutos en entrar ao partido e cando o fixeron, o equipo de Novás xa estaba por diante no marcador. Con todo, os mozos carballeses souberon reaccionar e aos poucos foron imprimindo máis ritmo ao seu defensa, logrando recuperar balóns e, doutra banda, ter maior fluidez no ataque. Foi desta forma como aos poucos o Garaysa conseguiulle dar a volta ao marcador conseguindo chegar ao descanso cunha certa vantaxe no electrónico 9-18.

Ao comezo da segunda parte, unha serie de erros en ataque e varias situacións de exclusión en contra dos carballeses facían que o equipo local conseguise recortar distancias no marcador. A pesar deste inicio irregular os carballeses souberon volver reaccionar despregando un xogo máis dinámico en ataque e ,conseguindo en certas ocasións varias continuidades no xogo ofensivo. No que se refire á defensa, a través de axudas defensivas conseguían frear os uns contra un do ataque local, desta forma aos poucos o Xiria foise apropiando do partido chegando ao final cun marcador de 22-37.

ATLETICO NOVÁS- GARAYSA XIRIA A