O Garaysa Xiria A non puido conseguir a vitoria no derbi fronte ao Línea 21 nun partido moi parexo que se decidiu por detalles
LÍnea 21 Translago 39 – Garaysa Xiria A 34
Garaysa Xiria: Iker Lema, Andrés Gómez, Desale López (11), Ivan Rey (5), Gonzalo García (2), Quintín Insua (4), Rodrigo Rama (3), Lucas Radio (3), Brais Sánchez (3), Dani Pan (1) e Hugo Rama (2).
Incidencias: Partido correspondente á 7ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Novo Mesoiro (A Coruña)
O partido para o Garaysa A comezaba con moita intensidade e con dous equipos que querían a vitoria, e iso demostrouse no campo. O Línea 21 conseguía porse por diante no marcador nos primeiros minutos e os de Carballo non podían superar a defensa coruñesa.
Chegados ao descanso e con 4 goles abaixo para os de Carballo, a segunda metade comezaba mellor para o Xiria, que se poñía a 2 goles e obligaba a parar o partido aos locáis. Dende ahí o Línea 21 soubo levar mellor un partido que se lle escaparía ao Garaysa por 39-34.


