O Garaysa Xiria A perde pero xogará a eliminatoria pola Final 4

Gran partido do Garaysa Xiria A que lle plantou cara durante 40 minutos ao campión galego

Garaysa Xiria A 27 – Disalmo Cangas 40

Garaysa Xiria: Iker Lema, Andrés Gómez, Desale López (7), Ivan Rey (1), Gonzalo García (3), Quintín Insua (2), Rodrigo Rama (1), Lucas Radio (5), Brais Sánchez, Dani Pan (4) e Hugo Rama (4), Sergio Pérez,

Incidencias:  Partido correspondente á 17ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Vila de Noia (Carballo).

Comezaba o encontro o Garaysa moi combativo en defensa e cunha intensidade superior á do rival, que lles permitía ir mandando no marcador ao inicio. A primeira metade avanzaba, e os de Carballo que non baixaban a intensidade, seguían ofrencendo un gran balonmán en ataque aínda que se vían superados atrás polo poderío físico do Cangas.

O descanso chegaba e os visitantes tan só mandaban por 2 goles. Nos primeiros minutos da segunda matede, os carballeses seguiron pelexando o encontro e intentando acercarse, pero chegados ao ecuador, os visitantes apretaron e impuxeron a lóxica no partido para acabar levándose os dous puntos.

Coa derrota de Carballal e a falta de 1 xornada, o Garaysa Xiria A clasifícase para xogar a eliminatoria que da dereito a xogar a Final 4.