O Garaysa Xiria ‘A’ remata 3º na Liga Ouro e xogará a Final 4.

O Garaysa Xiria ‘A’ remata 3º na Liga Ouro e xogará a Final 4.

Linea 21 Transgalo 35 – Garaysa Xiria A 38

Partido de dúas caras para o Garaysa A, que tivo unha gran reacción na segunda metade logo do mal inicio de encontro.

Garaysa Xiria: Andrés Gómez, Román Pérez, Gonzalo García (5), Quintín Insua (2), Rodrigo Rama (4), Lucas Radio (3), Brais Sánchez (2), Roi Pérez, Héctor Castro (6), Gael Romero (4), Sergio Pérez (7) e Marco Núñez (5).

Incidencias: Partido correspondente á 18ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Novo Mesoiro (A Coruña).

Chegaba a última xornada da Liga Ouro infantil masculina e o Garaysa A facíao cun gran balance positivo, con 14 vitorias e tan año 3 derrotas nos 17 partidos disputados. O rival, o Línea 21, que non se xogaba nada e coa 5ª posición asegurada, salía ao encontro moi concentrado, dominando dende o inicio todos os aspectos de xogo e obrigaba aos carballeses a parar o choque no minuto 8. Logo do parón, a reacción visitante non apareceu e a primeira metade non cambiaba para irse aos vestiarios cun 21-18 en contra.

A segunda metade foi totalmente outro para o Garaysa, que iniciaba cun parcial de 0-6 e conseguía darlle a volta ao marcador. Os coruñeses, intentaron volver ao partido, pero os visitantes conseguiron manter esa distancia de 3-4 goles durante todo o encontro e levarse a vitoria.

O Garaysa A finaliza como 3º clasificado a Liga Ouro con 30 puntos de 36 posibles e terá que xogar a Final 4 que se disputará en Lalín os días 5 e 6 de abril e que dará unha praza para o sector nacional.