O Garaysa Xiria ‘A’ supera ao Cisne

O Garaysa Xiria ‘A’ supera ao Cisne

Os carballeses conseguen a súa segunda vitoria logo de superar ao Cisne nun encontro onde foron superiores durante os 50 minutos.

Garaysa Xiria A 38 – Cisne Colegio Los Sauces 36

Garaysa Xiria: Andrés Gómez, Román Pérez, Gonzalo García (13), Quintín Insua (3), Rodrigo Rama (3), Lucas Radio (3), Brais Sánchez (3), Roi Pérez (1), Héctor Castro (1), Gael Romero (3), Sergio Pérez (7) e Marco Núñez (1).

Incidencias:  Partido correspondente á 2ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Vila de Noia (Carballo).

Chegaba a segunda xornanda da Liga Ouro infantil masculina e o Garaysa Xiria recibía a un dos favoritos para pelexar nos postos altos da clasificación. O encontro arrancaba con moitas imprecisións de ambos equipos en ataque e cunhas defensas que se impoñían debido á alta intensidade. Segundo avanzaba a primeira metade, os locáis conseguían encontrar claros lanzamentos dende zonas exteriores e abrían así unha pequena vantaxe de 4 goles coa que se chegaría ao descanso (16-12).

O segundo tempo foi totalmente diferente ao primeiro, onde as defensas desaspareceron e os ataques rápidos predominaron. O Garaysa conseguiu xestionar moi ben a vantaxe de 3-4 goles durante todo o encontro, e aínda que os pontevedreses apretaron nos últimos intres, a vitoria e os dous puntos quedáronse en Carballo.

A próxima fin de semana, o Garaysa Xiria visita Cangas para enfrontarse ao Luceros, un dos equipos chamados a pelechar pola Liga.