O Garaysa Xiria asinou unha gran primeira metade contra o mellor equipo da liga.

Garaysa Xiria – 14 (9+5): Pedro, Urbieta (2), Mario (4), Manuel, Alex (5), Iago (2), Adrián, Julio, Iker, Franco (1), Xurxo, Brian, Miguel e Diego.

Seis do Nadal – 34 (16+18): Rivas (8), Domínguez, Soutullo (4), Branco (8), Couto (1), Alonso (6), Fernández (1), Doval, Cabanelos (4), Iglesias (1), Da Cunha, López e Salgueiro (1).

O Garaysa comezou o partido xogando con moito descaro ante un gran rival, con sete xogadores na selección galega, que tivo que empregarse a fondo para despegarse no marcador. A diferenza de nivel entre ambos equipos era enorme pero o Xiria mantivo o partido bastante igualado ata os últimos minutos do primeiro tempo, cun bo xogo colectivo en ataque e cunha intensidade defensiva que puxo contra as cordas ao líder invicto da liga, o Seis do Nadal.

Sen embargo a lóxica rematou impoñéndose e os de Coia chegaron ao descanso cunha vantaxe de 7 goles, que sen embargo non empana o bo xogo dos nosos. 

Na segunda metade o Xiria perdeu acerto de cara a gol e o equipo visitante, con moitos recursos ofensivos, aproveitou para colocar o 14-34 final.

A nota triste da xornada foi a grave lesión do central do Garaysa, Andrés Urbieta, que nunha xogada fortuíta, cando realizaba un apoio ao lateral esquerdo do Sedona que se dispoñía a lanzar a gol, colocouse diante con tal mala sorte que o de Coia caeulle enriba do nocello dereito provocándolle unha rotura da tibia. Foi trasladado de urxencia en ambulancia a San Rafael (A Coruña) onde lle colocaron a tibia no seu lugar. Hoxe mércores foi operado con éxito e xa se atopa recuperándose na habitación do hospital. Toda a familia do Xiria desexámoslle unha pronta recuperación.

 

Clasificación trala 9ª xornada:

clasificación

 

 

Fotos do encontro:

IMG_4442

IMG_4443 IMG_4439 IMG_4435 IMG_4433  IMG_4429