O Garaysa Xiria B comeza a Liga Prata cun empate

Partido moi igualado entre os dous equipos que rematou cun empate final, no que o Garaysa Xiria B tivo a última acción a tempo parado para conseguir a vitoria.

Garaysa Xiria 26 –  Balonmán Ribadosar 26

Garaysa Xiria: Román Pérez, Dani Pan, Álvaro Cotelo, Héctor Dubra, Ivan Rey, Tomás Añón, Lucas Radio, Rodrigo Rama, Quintín Insua, Hugo Rama.

Incidencias:  Partido correspondente á 1ª xornada da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón Ceip Fogar (Carballo).

Chegaba o primeiro partido para o Garaysa Xiria B esta tempada e tocáballe enfrontarse ao Balonmán Ribadosar no pavillón Ceip Fogar.

O partido comezaba moi ben para o Xiria, que dende a defensa xa conseguía mandar no marcador e coller unha pequena vantaxe no  que duraría durante todo o partido ata os momentos fináis.

A segunda metade foi máis do mesmo, e nos últimos minutos o equipo de Santiago conseguía empatar o partido e deixáballe ao Garaysa unha última acción a falta de 8 segundos que se saldou cunha falta a tempo parado onde non se conseguiu o gol.

A próxima fin de semana ao Garaysa Xiria B tocaralle desprazarse ata A Coruña para enfrontarse ao Colegio Liceo La Paz.