Derrota do Garaysa Xiria C nun partido que estivo marcado pola mala primeira metade dos carballeses, que perdían de 7 goles ao descanso (9-16).
Garaysa Xiria C 25 – Balonmán Chapela 28
Garaysa Xiria: Héctor Viña, Robert Cereijo, Héctor Antelo, Aaron Cotelo, Mateo Cotelo, David García, Dilan García, Dani Gil, Pablo Gonzalez e Mateo Viña.
Incidencias: Partido correspondente á 2ª xornada da 2ª Fase da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón Vila de Noia (Carballo).
Visitaba Carballo o Balonmán Chapela nun encontro onde os dous equipos viñan con dinámicas diferentes. Nos primeiros minutos, os equipos entraron ao choque con moitas dúbidas e víronse moitas perdas de balón e fallos de lanzamento. Chegados ao ecuador, os de Carballo desapareceron completamente do partido, e os visitantes conseguiron aproveitalo e irse ao descanso cunha renta de 7 goles.
A segunda metade foi moi distinta, e o Xiria, que lle metiu unha marcha máis ao encontro e subiu a defensa, ofreciu un moi bo balonmán para conseguir porse ata a 3 goles. Nos últimos minutos, os redondeláns apretaron e fixeron que a distancia non disminuira.
A vindeira semana, o Garaysa Xiria C visitará a pista do Balonmán Narón.


