Nova vitoria do Garaysa C nun partido onde os protagonistas foron os porteiros
Garaysa Xiria C 23 – Oar Coruña 14
Garaysa Xiria: Román Pérez, Diego Varela, Mateo Viña, Pablo Seoane, Iker Martínez, Antón Cortes, Pablo Gonzalez, Daniel Valencia, Dani Gil e Pablo Martínez.
Incidencias: Partido correspondente á 12 ª xornada da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón Fogar (Carballo)
Arrancaba o partido no Ceip Fogar cos dous equipos moi atrevidos á hora de atacar e unhas defensas moi tímidas, pero onde os porteiros estaban a amosar un gran nivel. Avanzaba a primeira metade e os carballeses conseguían unha pequena vantaxe, coa que se chegaría ao descanso e que sería clave para afrontar a segunda metade con máis tranquilidade.
Na segunda metade, o Garaysa consegueu mellorar a porcentaxe de cara á portería, onde fixo que a vantaxe se ampliase aos 10 goles e xa fose insalvable para os herculinos.
A vindeira semana, O Garaysa C recibe ao líder, O Reprint Arteixo.


