O Garaysa Xiria cae en Culleredo por 25-23

O conxunto de Carballo realizou un gran partido que se decidiu nos últimos intres por pequenos detalles.

Balonmán Culleredo Remax  25 – Garaysa Xiria 23

Garaysa Xiria: Álvaro Gómez, Lucas Fajardo, Rubén Nogareda, Marcos Varela, Nicolás Cancela, Xabi Fernández, Saúl Fuentefría, Andrés Pedreira, Dani Marta, Xano Rama, Andrés Pombo, Nicolás Mejuto, Unai Cotelo, Izan Cabeza.

Incidencias: Partido correspondente aos cuartos de final da Copa Galicia infantil masculina disputado no Pavillón Municipal de Tarrío (Culleredo).

Disputábanse os cuartos de final da Copa Galicia infantil masculina e o Garaysa Xiria viaxaba ata Culleredo nun partido que semellaba igualado. Na primeira metade, os de Carballo mandaron no xogo e no marcador gracias á súa moi boa defensa 6:0 e aos rápidos contragolpes. A segunda metade parecía que iba seguir a mesma rutina, pero non foi así. O Balonmán Culleredo apretou, e os de Carballo desinfláronse nos momentos fináis no que supoxo a súa derrota por 25-23.

O Garaysa Xiria arranca a Liga Ouro esta fin de semana fronte ao Atlético Novás en Carballo.