O Garaysa Xiria cae en Lugo

Mal partido dos de Carballo, que non souberon superar a defensa presionante dos de Lugo e caen así á 7ª praza á espera da última xornada.

Cp Lucense 29 – Garaysa Xiria 25

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Álvaro Gómez, Lucas Fajardo, Rubén Nogareda, Marcos Varela, Nicolás Cancela, Saúl Fuentefría, Andrés Pedreira, Xano Rama, Andrés Pombo, Nicolás Mejuto, Izan Cabeza.

Incidencias:  Partido correspondente á 21ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón O Palomar (Lugo)

O Garaysa comezaba o partido con moitas dúbidas en ataque ante a defensa arriba dos de Lugo. Pasaban os minutos e os de Carballo comezaron a soltarse e a mover rápido o balón, e así encontrar ocos en ataque. Chegados á metade da primeira parte, os de Carballo apretarían e conseguían porse a 1 gol, aínda que uns malos minutos fináis deixarían o marcador ao descanso nun 15-11.

A segunda metade segueu coa mesma tónica e o Garaysa, que estaba seguro atrás, non conseguía a soltura suficiente en ataque. A falta de 10 minutos, e 5 goles abaixo, os de Carballo intentaron unha defensa presionante para intentar remontar pero non foi suficiente e chegouse ó final co derradeiro 29-25.

O Garaysa rematará a liga o domingo fronte o Cisne, no que terá como obxetivo gañar e esperar a que o Tui e o Chapela non gañen os seus partidos, para poder optar á 5ª praza.