O Garaysa Xiria cede ante un superior Carballal

Comezaba este sábado 22 a liga para o Garaysa Xiria na categoría de División de Honra. O equipo enfrontábase no pavillón Vila de Noia ao Carballal, un dos equipos fortes de esta categoría.

O partido comezaba con unha boa intensidade defensiva para o Garaysa, sen embargo, despois de varias boas defensas sen premio por mor dos rechaces en contra, o equipo baixou o nivel da defensa e as rentas para o Carballal comenzaron a aumentar. En ataque o inicio foi moi estático, pois a defensa do Carballal presionaba moito a zona do balón. Unha vez que o ataque local foi capaz de desmarcarse e mover o balón os espazos libres chegaron os lanzamentos claros pero foi aquí onde o Garaysa estivo máis desafortunado. Deste xeito as rentas o descanso para os visitantes crecía ata o 6-15 que reflexaba o marcador.

A segunda parte comezou con unha maior presión na defensa local, propiciando algún roubo de balón con rápida contra. Sen embargo o Carballal conseguía facer moito dano a defensa local no xogo co seu pivote. O ataque seguía a mover a pelota ata chegar a atopar lanzamentos na zona exterior, zona onde é difícil finalizar nestas categorías e de seguro que os resultados dos mesmos van a mellorar co paso de temporada. Así chegouse o final do partido co resultado 14-28.

GARAYSA XIRIA 14 (6+8) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García, Alberto Rodríguez, Pedro Porteiro, Samuel Regueira, Samuel Veiga (3), Ángel Viña, Erik Vázquez (3), Pablo Veiga (5), Xurxo Fraga (3), Miguel Cambón.

A.D CARBALLAL “A”. 28 (15+13) Iago García, Alberto Terceiro (1), Anxo Fernández, Alex Alonso, Iago Rivas (1), Daniel Losada (6), Alexandre Gallego, Eduardo Alonso (10), Juan Rodríguez (2), Diego Otero, Nicolás Docampo (4), Javier Zambrana.