O Garaysa Xiria consegue unha vitoria nun igualado partido fronte ao Acanor At. Novás

O Garaysa disputaba o primeiro partido da tempada na casa fronte os seus seareiros e fronte a un rival compricado como é o At. Novás.

O comezo do partido foi moi favorable aos carballeses que conseguían unha renta inicial. A partir de ahí o Novás comezaba a facer dano ao equipo local nas zonas exteriores da defensa. No ataque, salvo situacións nas que as primeiras liñas se quedaban estáticos antes a presión rival, o equipo conseguía situacións claras de gol. De este xeito o Garaysa conseguía marchar ao descanso con unha lixeira ventaxa no marcador.

Logo do tempo de descanso a dinámica seguía a ser a mesma, a movilidade do equipo rosaleiro facía dano ao equipo local nos laterales e extremos. No ataque, a superioridade física carballesa facilitaba as accións, sen embargo tamén comenzábamos a ver bos situacións na búsqueda do pivote. O partido estába moi reñido e moi entretido e , grazas a unhas boas accións defensivas nos últimos minutos o equipo carballés puido levarse a vitoria.

GARAYSA XIRIA 34 – ACANOR NOVÁS 28