O Garaysa Xiria continúa en liña ascendente e vence ao Acanor At. Novás

Acanor At. Novás 23 – Garaysa Xiria 27

Acanor At. Novás (11+12): Nicolás Portela (2), Alejandro Pereira, Lucas Martínez (5), Antón Fernández, Xoel Fernández (1), Martín Sobrino (1), Antón Domínguez (3), Diego Rodríguez (2), Aaron Carrera, Yoel Fernández (7), Telmo Otero, Brais Baz (2), Johan De Los Santos.

Garaysa Xiria (14 + 13): Xano Rama, Unai Cotelo (2), Rubén Nogareda, Álvaro Gómez (2), Lucas Fajardo, Marcos Varela (1), Xabier Fernández, Nicolás Mejuto (1), Andrés Pedreira (3), Daniel Marta, Saúl Fuentefría (4), Andrés Pombo (3), Nicolás Cancela (11), Pablo Fraga.

Árbitros: Iago Rivas e José Manuel Rivas do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á 12ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Municipal De O Rosal (O Rosal).

Atopábase o Garaysa Xiria un inicio de partido complicado, cun parcial en contra de 4 a 1, ata que axustou o sistema defensivo, e a partir do minuto 10, as recuperacións de balón permitiron remontar e aproveitando a profundidade do banco, o equipo mantivo o ritmo ata chegar ao descanso 11 a 14.

A segunda metade, o Garaysa Xiria empezaba cun xogador menos e os locais aproveitaban para recortar diferenzas, pero o Xiria trataba de levar a iniciativa desde os postos de defensa que unido ás intervencións en portería poñían de novo diferenzas no marcador. O equipo realizou un gran esforzo para facerse coa vitoria.