O Garaysa Xiria deixa escapar unha boa ocasión de puntuar fóra.

A.D. Carballal – 18 (10+8): Mogio, Otero (4), Álvarez, Cabaleiro, Sotelo (5), Chao, Romero (1), Castro L., Fernández, González M. (1), Del Río, González P. (1), Barciela (3), Pérez e Mariño (3).

Garaysa Xiria – 14 (5+9): Pereira (4), Urbieta (3), Rincón M., Gómez (4), Rincón I., Mesejo, Ferreiro (porteiro), Martínez (2), Rial (1), Díaz e Gómez.

Os infantís do Garaysa caeron fronte ao Carballal pese a crearlles moitos apuros en defensa durante todo o partido.

O encontro comezaba moi costa arriba para os carballeses, que anotaron o seu primeiro gol mediada a primeira metade. Sen embargo non era por falta de ocasións, máis ben de puntería, xa que en tarefas ofensivas o equipo funcionaba moi ben, roubaba balóns e dispoñía de continuas ocasións de contraataque que sen embargo eran desaproveitadas. O marcador ao descanso non era moi alentador (10-5), pero co visto no campo semellaba que era cousa de afinar un pouco a puntería e non precipitarse en certos pases de risco e o Garaysa podería darlle a volta ao encontro.

Na segunda parte foi máis do mesmo, un Garaysa moi esforzado en defensa, con Julio parando ben baixo os paus, pero desatinados en labores ofensivas, sumando moitas perdas de balón. Todo elo rematou cun resultado final de (18-14), atípico para os carballeses, acostumados a cifras moito máis altas.

Na vindeira xornada o Garaysa recibe a visita do Teucro, de Pontevedra, será o Domingo día 26 ás 10:00h no Pavillón Municipal Carballo Calero.

Clasificación Xornada 4ªClasificación